Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S (AGG) ORGANIZA A XXII MOSTRA DE MÚSICA TRADICIONAL DO DOMINGO DAS MOZAS.

A ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S (AGG) ORGANIZA A XXII MOSTRA DE MÚSICA TRADICIONAL DO DOMINGO DAS MOZAS.

Varios

 

cartaz modificadoA Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza co patrocinio do Concello de Lugo a que será a XXII edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, mostra que contará coas actuacións de 16 grupos de música tradicional galega, chegados dende distintos puntos da xeografía galega, e con distintas formacións (grupos de gaitas, pandeireteiras, requinteiros, murgas, etc... ) que encherán da nosa música o casco vello da cidade no día máis emblemático das festas.

Os grupos participantes na mostra actuarán en horario de mañá e de tarde no casco histórico da cidade, facendo pasarrúas por distintas prazas e rúas, de tal maneira que toda a xente que entre na cidade, sexa recibido co son da nosa musica tradicional.

Unha edición especial cun formato un pouco diferente, adaptado á situación que estamos vivindo, e coas medidas de seguridade esixidas por mor da Covid 19. 

Os Grupos participantes nesta edición son: 

A Requinta de Xián (Boqueixón)

Abóbriga (Baiona)

Ansuíña (Vilanova de Arousa)

Arume (Boiro)

Axeigo (Lugo)

Buxainas (Cedeira)

Carapaus (Santiago de Compostela)

Donaire (A Coruña)

Donas e Galáns (Ferrol)

Os Barrios (Chantada)

Illa Pancha (Ribadeo)

Os Terribles de Donas (Gondomar)

Os Viqueiras de Ordes (Ordes)

Turoqva (Pontevedra)

******Este ano, por mor do confinamento da cidade de Ourense, non poderemos contar cos grupos De Pé Feito (Ourense) e Lubicáns (Ourense), tal e como tiñamos previsto, pero na vindeira edición seguro que poderemos disfrutar da súa boa música na cidade amurallada. 

 Ás 20.00 horas terá lugar o Festival de música tradicional  cos concertos de  Pandeireteiras/os  Traspés e dos Carunchos.

 

Pola mañá os grupos sairán ás 11.30 horas facendo un pasarrúas polas distintas rúas do centro urbán amurallado, ata as 14:00h. Pola tarde repetiranse as actuacións a partir das 17.30 horas, para logo rematar ás 18.30 horas. Nese momento continuaremos gozando da música tradicional na praza da Horta do Seminario, xa que este ano, nesta XXII Mostra, realizaremos de novo o Festival de música tradicional ás 20.00 horas cos concertos de  Pandeireteiras/os  Traspés e dos Carunchos (Vigo)!!!

Esta mostra, na que a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s  xunta ano tras ano aos mellores grupos de música tradicional de Galicia, ten como finalidade a exaltación da música tradicional galega servindo como medio de difusión para que a nosa música chegue ao maior número de xente posible. É a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais e consegue que Lugo sexa referencia en toda Galicia, pois demostra que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

Nesta ocasión debemos facer todas e todos un exercicio de responsabilidade e cumprir as medidas de prevención vixentes evitando as aglomeracións para poder disfrutar desta mostra e ao mesmo tempo coidarnos e evitar contaxios.