Unha nova entrega de "temazos gaiteiros" no Recuncho da Palleta deste domingo.
Venres, 25 Setembro 2020 18:13
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos traerá unha nova entrega da serie "temazos gaiteiros" cunha peza de autor que se popularizou a partir dos anos oitenta cando Os Rosales de Rianxo editaron o seu Lembrando (1981) que contiña a muiñeira A Camposa da autoría de Xosé Romero Suárez. Dende esa data outras versións foron editadas por agrupacións e gaiteiros relevantes de dentro e fora de Galicia e o máis curioso neste século XXI aínda hai máis rexistros dela. Con este tema tamén lle faremos unha pequena homenaxe a ese grupo tan importante da música tradicional galega como son Os Rosales e ó seu gaiteiro principal Xosé Romero.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas