Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / VIII Xornadas arredor da música tradicional

VIII Xornadas arredor da música tradicional

Varios

cartel viii_xornadas_web_2A AGG organiza o vindeiro sábado 26 de setemboro, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e coa participación da Fundación Rosalía de Castro, a oitava edición das Xornadas arredor da música tradicional, con relatorios de investigación vencellados á nosa cultura e cuxo programa podes ver a continuación:

PROGRAMA:
10.45 – Apertura
11.00 – Relatorio I: “As tipoloxías das palletas na Península Ibérica”. Pablo Carpintero
            11.50 Quenda de preguntas
12.00 - Descanso
12.30 - Relatorio II; “As técnicas estendidas na gaita de fol”. Erick Feles
            13.20 Quenda de preguntas

13.30 – Xantar

16.00 – Relatorio III: “A Danza das Espadas de Redondela: Músicas e músicos”. Oli Xiráldez
            16.50 Quenda de preguntas
17.00 – Relatorio IV: “Cornamusa, gayta, «gaita gallega» (1258-1817)”. Manuel Garrido
            17.50 Quenda de preguntas
18.00 – Descanso
18.30 – Proxección e coloquio: “Dorothé na vila”. Unha película de Alejandro Gándara e Olaia Tubío

LUGAR: Casa de Rosalía – A Matanza, s/n (Padrón)
DATA: Sábado 26 de setembro de 2020

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail. 

(*) A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar aforo, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o venres día 18 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.

A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.
Anímate a participar!!! Esperámoste!!!