XIV MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL
Venres, 20 Xullo 2007 10:56
Os vindeiros 4 e 5 de Agosto de 2007 terá lugar en Guitiriz (Lugo) a "XIV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional" que a comisión de artesáns da Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, dentro do marco do festival de Pardiñas organizado pola A.C. Xermolos de Guitiriz.Esta Mostra comezou xa fai catorce anos, coa idea de crear en Galicia unha cita anual onde os mellores luthiers estivesen nunha feira amosando o seu traballo de ano en ano, fora do seu obradoiro. Hoxe en día é unha referencia indispensable da música tradicional na península.
As actividades previstas para enriquecer a exposición, están enfocadas para que sexan totalmente participativas, así pois haberá un escenario dispoñible durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou facer algunha demostración da sonoridade dos seus instrumentos. Non faltedes a esta importante cita!!
Consulta o programa da Mostra PROGRAMA DA XVI MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL
Este ano, propuxémoslle a realización do pregón a FUXAN OS VENTOS, grupo senlleiro da música galega, que foi a voz do pobo durante moitos anos, traballando pola dignificación e normalización da nosa lingua e da nosa música tradicional e popular, e que sen dúbida marcou o camiño das seguintes xeracións de músicos galegos. Ofrecémoslle que viñesen dous ou tres membros,e respostaronnos que se xuntaría o grupo, non só para dar o pregón senon que tamén para cantar algunha cantiga. Estámoslles moi agradecidos por este agasallo e consideración, para a Mostra e máis para a Asociación de Gaiteiros Galegos.
Tamén contaremos coa presenza do cuarteto de gaitas LUDOVAINA, que veñen dende O Morrazo, terra que deu moi bos e afamados grupos de gaitas cun estilo e sabor moi característico.
Ademáis estará o grupo OS ENXEBRES DE CACHEIRAS, agrupación nacida sobor do ano 1940 da man de Don Manuel Landeira, avó dun dos actuais gaiteiros do grupo.
As actividades previstas para enriquecer a exposición, están enfocadas para que sexan totalmente participativas, así pois haberá un escenario dispoñibel durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou facer algunha demostración da sonoridade dos seus instrumentos.
Ademáis este ano facemos un obradoiro de baile impartido por LUIS PREGO e ROSA HERMIDA, experimentados mestres de baile cunha dilatada traxectoria en diferentes escolas do país.
Tamén contaremos cun obradoiro de construcción de xoguetes sonoros para os nenos e nenas, impartido por PABLO CARPINTERO, gaiteiro e estudioso do folclore que dende 1992 ven facendo unha intensa labor de campo encamiñada a recoller sistematicamente información de primeira man sobre a nosa música tradicional e os instrumentos musicais empregados nela.
PROGRAMA DA MOSTRA
SÁBADO 4 DE AGOSTO
17:00 h. ---------------------- Apertura da Mostra
17:00 h. a 21:00 h. ------- Escenario libre para músicos espontáneos
18:00 h. ---------------------- Pregón FUXAN OS VENTOS
18:30 h. ---------------------- Actuación de LUDOVAINA
DOMINGO 5 DE AGOSTO
11:30 h. a 13:30 h. ---------- Escenario libre para músicos espontáneos
12 :00 h. ---------- Obradoiro de xoguetes sonoros PABLO CARPINTERO
12 :00 h. --- Obradoiro de baile tradicional LUIS PREGO e ROSA HERMIDA
16:00 h. a 21:00 h. ---------- Escenario libre para músicos espontáneos
17 :00 h. --- Obradoiro de baile tradicional LUIS PREGO e ROSA HERMIDA
18:00 h. -------------------- Actuación de OS ENXEBRES DE CACHEIRAS
20:00 h. a 21:30 h. ---------- Escenario libre para músicos espontáneos