Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Obradoiro de instrumentos de codia de castiñeiro - Pablo Carpintero

Obradoiro de instrumentos de codia de castiñeiro - Pablo Carpintero

Varios

pablo carpintero castieiroAproveitando que estamos a principios do verán, e que algunhas árbores soltan a codia, Pablo Capintero organiza un obradoiro para aprender a facer instrumentos musicais de codia de castiñeiro o día 5 de xullo no Souto de Lobios, en Sober.

Trátase de instrumentos milenarios con técnicas de fabricación moi sinxelas que os nosos maiores fabricaban cando eran cativos.

Os instrumentos que se elaborarán son varios tipos de pipas, xipros, frautas de tres furados, violíns de castiñeiro, a gaita dobre de Vilariño de Conso, algúns asubíos e, por suposto, as tobas.   

O día será o 5 de xullo, domingo. O lugar é o Souto de Lobios, no concello de Sober, trátase dun enorme souto con case cen enormes castiñeiros que paga a pena ver. Áchase xusto diante da fermosa Igrexa románica de San Xillao de Lobios. Comezará ás dez e media da mañá e durará unhas tres horas, dependendo da xente que participe, e pódese levar a merenda e comer alí, o lugar ben paga a pena. Igual hai sorpresa pola tarde, quen sabe, nestes lugares…

O obradoiro vale para calquera idade a partir dos sete anos. O material que hai que traer é simplemente unha navalla. O prezo son 15 euros por persoa, 10 euros para os nenos ata 12 anos e metade do prezo total para familias numerosas. 

Aquí tedes a localización do lugar exacto:https://goo.gl/maps/xQrnEJQuWWc1JduV8

Non fai falla apuntarse, só ir, pero se tedes algunha pregunta podedes chamar ao 626 588 381.