Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Presentación do libro "XOSÉ SEIVANE. A gaita con maiúscula" no vindeiro Recuncho da Palleta

Presentación do libro "XOSÉ SEIVANE. A gaita con maiúscula" no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, presentaremos a nova publicación da Editorial Canela:  "XOSÉ SEIVANE. A gaita con maiúscula". Un novo libro da colección “Tradición oral-música” que nesta ocasión está dedicado a Xosé Seivane. Durante o Recuncho, Gustavo Couto conversará co editor, o autor e a familia para presentar esta gran biografía.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas