Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A Foliada dos Morenos no vindeiro Recuncho da Palleta

A Foliada dos Morenos no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Xaime Estévez falaranos e amosaranos unha escolma de distintas interpertacións dunha das pezas que mellor representan a Os Morenos de Lavadores, que foron sen dúbida un dos grupos de referencia do sur de Galicia na posguerra. Esta Foliada en tres partes, que leva ademais o seu nome, parece que era unha das preferidas por eles mesmos e das que estiveron dende o principio no seu repertorio

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas