"Xosé Manuel Seivane Rivas. A gaita con maiúscula", a nova publicación de Editorial Canela
Venres, 29 Maio 2020 18:38
Editorial Canela preséntanos a publicación dun novo libro da colección “Tradición oral-música”, nesta ocasión dedicado a Xosé Seivane.
"Xosé Manuel Seivane Rivas. A gaita con maiúscula" está escrito por Xosé Manuel Sánchez Rei, con presentación de Xosé V. Ferreiros e conta, a demais, coa colaboración de Pedro Lamas e Daniel Bellón na transcrición das partituras e de Vicente Ansola con fotografías exclusivas.
Esta obra, que se torna indispensábel para as persoas que aman a música tradicional ou que coñeceron Seivane, dá conta dos aspectos máis importantes da súa vida, non só dende o punto de vista da súa faceta como artesán, senón tamén tendo en consideración a familia, as amizades, o seu contexto vital e cultural etc.
A Editorial Canela, iniciou en 2012 a colección TRADICIÓN ORAL-MÚSICA, onde pretende divulgar aspectos biográficos e documentais relacionados con persoas senlleiras
relacionadas coa música tradicional de Galicia mediante textos, imaxes, conversas, investigacións e gravacións de audio que acompañan aos libros.
Toda a información en https://editorialcanela.gal/es/catalogo/tradicion-oral/xose-seivane-a-gaita-con-maiuscula