Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Pesar polo falecemento de José Cortizo, de Barro de Arén

Pesar polo falecemento de José Cortizo, de Barro de Arén

Varios

 

4 jos da fonteDende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s manifestamos o noso pesar polo pasamento de José “da Fonte” Cortizo (1926), membro das pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo-PO) e veciño desta aldea.

Con elas participa en moi diversas actuacións en festas, ruadas e mesmo en programas da TVG coma o Luar. 

No 2005 José participa xunto coas súas compañeiras na gravación do Cd “Cerdediño p’rós amores”, e no 2006 na gravación do Alalá adicado ás Pandeireteiras de Barro de Arén. En ambas canta composicións súas feitas sobre músicas tradicionais, entre as que se inclúe o “Himno de Barro”, coa música do popular “trun trun”.

Home de grande amabilidade, recibe sempre con grande aprezo as visitas dos diversos grupos de compiladores e compiladoras que se achegan pola aldea de Barro aprender deles.

En xuño do pasado ano 2019 colabora coa Asociación de Gaiteir@s Galeg@s durante o roteiro adicado aos Gaiteiros de Soutelo de Montes, falando sobre a súa relación persoal con Avelino Cachafeiro.

Podédelo escoitar a el e ás outras compoñentes das pandeireteiras de Barro de Arén na rede nos seguintes ligazóns:

https://soundcloud.com/arquivostradicionais/jose-cortizo

https://youtu.be/oZzNBytbm_0

https://youtu.be/8B15-EAtYcc

Fotografía do "Arquivo de Guillerme Inácio"