A AGG colabora con Nós Diario abordando distintas temáticas relacionadas coa música, o baile e a cultura tradicional galega
Venres, 17 Abril 2020 18:56
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s está a colaborar con Nós Diario abordando distintas temáticas relacionadas coa música, o baile e a cultura tradicional galega a través de artigos mensuais realizados por membros da Xunta Directiva, dende a perspectiva da xente do baile e da música tradicional.
Dende a AGG queremos compartir con vos estos artigos, onde compartimos as nosas inquedanzas, análises e relatos que coidamos sexan do interés de tod@s vos.
O primeiro dos artigos (preme no título da nova para velo) foi realizado por Xaneco Tubío, presidente da AGG e leva por título "Seráns, ruadas, polavilas e foliadas". Un artigo onde se fala do nacemento de coros e grupos folclóricos no século XX, que logo na dictadura foron ridiculizados, pero que afortunadamente nos últimos tempos estamos a vivir o seu rexurdir mantendo viva a nosa música, o noso canto e o noso baile.
O segundo dos artigos (preme no seguinte enlace para ver o artigo completo) foi realizado por Daniel Fernández e leva por título "Historia dunha melodía", A Alborada que Rosalía publicara en 1863 nos seus Cantares desencadeou a comezos do século XX unha historia de pesquisas e rivalidades.
O terceiro dos artigos (preme no seguinte enlace para ver o artigo completo) foi realizado por Gustavo Couto e nel quixemos "homenaxear a Erminda Miramontes", muller pandereiteira e bailadora, natural de Ponte Grixoa
E o derradeiro artigo que compartimos hoxe (preme no seguinte enlace para ver o artigo completo) foi realizado por Xaime Estévez, e leva por título "O gaiteiro do Fragoso (Vigo 1930-2013): memorial virtual ou a virtude da memoria", un artigo realizado cando se cumpren 7 anos do pasamento do mestre Henrique Otero Covelo, un símbolo histórico do ensino oficial da gaita en Galicia e do músico gaiteiro na nosa historia máis recente
Neste artigo quere agradecer unha vez máis a colaboración de tódolas institucións, músicos e danzantes da tradición que pasaron polos seis memoriais feitos e deben ser incluidas ademáis das agrupacións que se nomean "A Seneira e a Escola de Danzas Vila de Baiona" e o grupo "O Son do Río de Mondariz".