Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / O Memorial virtual de Henrique Otero no vindeiro Recuncho da Palleta

O Memorial virtual de Henrique Otero no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos falará sobre o Memorial Virtual de Henrique Otero o 18 de Abril. Neste recuncho faremos un repaso de todos os memoriais feitos ata o momento dende o 2014 (seis) e tamén falaremos da homenaxe en vida no 2010, e escoitaremos audicións de distintas agrupacións que gravaron pezas del como Treixadura, Noitarega, Manxadoira,Abóbriga ou os Terribles de Donas e incluso algunha interpretada polo propio Gaiteiro do Fragoso....

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas