Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / O proxecto sobre o baile tradicional en feminino Andar cos Tempos, no vindeiro Recuncho da Palleta

O proxecto sobre o baile tradicional en feminino Andar cos Tempos, no vindeiro Recuncho da Palleta

Varios

 

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero,  contaremos coa visita (telefónica) de Carme Campo, quen nos falará do proxecto sobre o baile tradicional en feminino que leva a cabo xunto a Chus Caramés: ANDAR COS TEMPOS, ou de como cribar o gran para mañá. Proxecto que convida a rever o baile tradicional con perspectiva de xénero, revisando distintos estereotipos sexistas que se perciben á hora de desenvolvelo e transmitilo.

 

 

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas