Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Comunicado para o alumnado da Tradescola coas medidas adoptadas por mor do Coronavirus.

Comunicado para o alumnado da Tradescola coas medidas adoptadas por mor do Coronavirus.

Varios

tradescolaEn vista de que o estado de alarma vaise prolongar mais do que inicialmente anunciaron, e mentres non remate a crise do COVID-19 e poidamos reanudar as clases na nosa sede física, a Tradescola seguirá a impartir ensino da música e do baile a distancia. Imos habilitar un espazo en drive onde os profesores irán subindo os materiais de estudo e os profesores estarán á vosa disposición o mesmo día e hora que tiñades clase.
O ensino realizarase do seguinte xeito:
• As profesoras e profesores das distintas materias que se imparten na Tradescola poñeranse en contacto con vosoutros para seguir enviándovos contidos e material para traballar na casa.
• Tamén vos enviaremos a cada un de vosoutros, un enlace onde poderedes ver todos esos contidos e materiais, que cada profesor irá subindo semanalmente.
• As profesoras e profesores estarán á vosa disposición para aclarar dúbidas, correxir exercicios, ou para facerlles consultas nas horas que vos correspondía ter clase con eles, podendo contactar a través de tlf. (chamadas ou whatsapp) ou a través de correo electrónico.
*Todo o material que se envíe ou se colgue no drive é para uso exclusivo do alumnado e non pode ser divulgado sen permiso previo.
Esperando que todo volva á normalidade o antes posible, animámosvos a seguir tocando, cantando e bailando dende a casa!!!
Un saúdo e ánimo a tod@s!!!>