Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A Xunta deixa sen efecto o expediente de declaración do baile tradicional como BIC para iniciar unha nova proposta que revise o seu contido e alcance.

A Xunta deixa sen efecto o expediente de declaración do baile tradicional como BIC para iniciar unha nova proposta que revise o seu contido e alcance.

Varios

dogO luns o DOG recollía o texto coa resolución relativa ao expediente de incoación para declarar ben de interese cultural do patrimonio inmaterial o baile tradicional galego. Nesta resolución daba conta de que durante o procedemento de información pública foron presentadas alegacións por diversas persoas e asociacións, entre eles colectivos relacionados coa antropoloxía e o patrimonio etnolóxico de Galicia, e tamén co propio baile tradicional, así como a AGG (podes consultar as nosas alegacións aquí

Todas esas alegacións “recollen un texto idéntico ou moi similar, cunha mesma estrutura e contidos”, e que consideran que a descrición e o alcance da valoración do baile galego segundo o procedemento incoado non é representativo do conxunto dos seus valores e que inciden en aspectos que deben ser valorados. 

E resolve «Á vista de todo o anterior e tomando en consideración o contido da información recollida na fase do procedemento de participación pública, considérase que, ben que semella acreditado o carácter sobranceiro do baile tradicional, a súa descrición e a das comunidades, organizacións e individuos que o manteñen, debe ser revisada e completada«

Podes leer a publicación completa no enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200316/AnuncioG0535-110320-0002_gl.html