Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Comunicado da AGG coas medidas adoptadas por mor do Coronavirus

Comunicado da AGG coas medidas adoptadas por mor do Coronavirus

Varios

logo-agg web_covidSeguindo as indicacións e como medida de precaución no avance da expansión do Coronavirus, a AGG suspende, ata novo aviso, as actividades previstas para as vindeiras semanas:

- Asemblea Xeral Ordinaria, que estaba prevista para o vindeiro 22 de marzo.

- O 25 Xantar Gaiteiro: Homenaxe a Erminda Miramontes, que estaba previsto para o día 29 de marzo.

- O VII Memorial Henrique Otero, con data prevista para o 18 de abril

Malia esta situación a illamento por mor do virus, animámoste a que a música e o baile siga presente nestes días para o que che propoñemos que formes parte da iniciativa #tradicióncontraovirus que quere chamar á seguir desfrutando da nosa cultura tamén dende a casa, tocando, bailando, cantando e compartíndoo na rede para facer visible a nosa maior obra colectiva (despois do idioma) e para tornar ao Coronavirus e volver axiña á normalidade das nosas vidas.

Aínda que as nosas sedes permanecerán pechadas mentres a situación o requira, seguimos traballando telematicamente.
Moito ánimo e #quedanacasa