Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Pesar polo pasamento de Delfina dos Martas

Pesar polo pasamento de Delfina dos Martas

Varios

Delfina dos MartasTemos que dar unha triste nova, deixounos Delfina dos Martas, a derradeira pandeireteira do barrio do Ceo e a quen lle debemos, xunto a Flora da Ponte, que unha parte do legado da nosa cultura chegara ata nos. Fonte de sabedoría das coplas ou "cantighas" que se tocaban e cantaban no seráns da súa mocidade, foi a protagonista naquela cantiga que popularizaran as Leilía no seu primeiro disco:

Axúdame aquí Dalfina

que eres moza para todo

se rompemos o pandeiro

compraremos outro novo.

Grazas Delfina e ata sempre!