Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames / RESULTADOS DO VIII MEMORIAL RICARDO PORTELA

RESULTADOS DO VIII MEMORIAL RICARDO PORTELA

Concursos e Certames



O sábado 14 de xullo, tivo lugar o concurso VIII Memorial Ricardo Portela, contando cun total de seis grupos participantes, nomeadamente: Boudebou (Cambados), Contracocheno (Vigo), Os Enxebres (Cacheiras), Os Folerpas (Santiago de Compostela), Picuiña (Marín) e Rédea Solta (Galicia).

Na fase eliminatoria, celebrada pola mañá, o xurado do concurso decidiu clasificar para a fase final aos seis grupos participantes que amenizaron as rúas de Pontevedra coas súas interpretacións.

Na fase final, celebrada ás 20 horas na Praza da Verdura, lugar onde tamén tiña lugar a mostra de artesans de instrumentos tradicionais galegos, o xurado cualificador decidiu outorgar os seguintes premios:


Máis información.
Primeiro premio, para o grupo "Os Folerpas" de Santiago de Compostela, integrado por Pablo Carpintero (gaita), Emilio Lois (gaita), Rosa Sánchez (caixa) e Gustavo Couto (bombo).

Segundo premio para o grupo "Rédea Solta", integrado por Óscar Ibáñez (gaita), Pablo Devigo (gaita), Roi Adrio (redobrante) e Miguel Fraguas (bombo).

Terceiro premio para o grupo "Contracocheno" de Vigo, formado por Carlos Estévez (gaita), Marcos Castro (gaita), Marcos Alfaya (tambor) e Antonio Fernández (bombo).

Premio especial "Seivane-Goretex" consistente nunha gaita creada especialmente para o VIII Memorial, á mellor interpretación dunha peza en toque pechado, para o grupo "Os Enxebres", de Cacheiras, formado por Alfonso Rodríguez (gaita), Pablo Seoane (gaita), José Costa (gaita), Ricardo Martínez (tambor) e Alberto Bouzón (bombo).

Premio especial "Ricardo Portela", para a mellor interpretación dunha peza do repertorio de don Ricardo, entendendo como tal aquela que estea gravada en cinta ou disco polo mestre pontevedrés, para o grupo "Rédea Solta" pola súa interpretación de "A Alfonsina", de Canuto Berea.