Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s (AGG) organiza unha nova edición das Xornadas de Baile tradicional galego en Teo

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s (AGG) organiza unha nova edición das Xornadas de Baile tradicional galego en Teo

Varios

cartaz xbaileteo_2019_web -pqO vindeiro domingo 15 de decembro a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s (AGG) organiza unha nova edición das Xornadas de Baile tradicional galego para tod@s os amantes do noso baile que terán lugar na Casa Común de Oza, no concello de Teo, A Coruña. 

Nestas xornadas, patrocinadas pola Deputación da Coruña e que contan coa colaboración do Concello de Teo, contaremos con obradoiros guiados por Montse Rivera, Manolo Cobas e Carlos Xosé Vidal.

Estas xornadas están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición.

PROGRAMA:
10.15 - Apertura e entrega de documentación

10.30 - Relatorio- Obradoiro

Montse Rivera – “ O baile en Grixoa”

12.00 - Descanso

12.15- Relatorio- Obradoiro

Manolo Cobas - " O baile na Baña"

13.45 – Xantar

16.30h - Relatorio- Obradoiro

Carlos Xosé Vidal - “ Val da Barcala – O rabo do raposo ”

LUGAR: Casa Común de Oza (Teo)

DATA: Domingo 15 de decembro

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o luns día 9 de decembro para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.

Animádevos a participar!!! Esperámosvos!!!