Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A Casa da Cultura de Melide levará por nome Mingos de Pita

A Casa da Cultura de Melide levará por nome Mingos de Pita

Varios

 

p1010062A Casa da Cultura de Melide levará por nome Mingos de Pita, como popularmente era coñecido o activista cultural da localidade, Xosé Domingos Fuciños, falecido hai dous anos.

D. Xosé Domingos Fuciños Gómez (Mingos de Pita), ademais das decisivas achegas ao dinamismo musical e cultural de Melide,  foi tamén socio fundador da AGG e unha figura clave nos inicios da nosa Asociación.

 

Mingos participou, xunto con outros gaiteiros e artesáns da súa xeración, nas primeiras xuntanzas que se levaron a cabo en Ortigueira e Melide, cunha común preocupación que era defender e dignificar a figura do noso instrumento nacional, a gaita, e por suposto a figura do gaiteiro.

Dende a AGG aledámonos deste merecido recoñecemento a Mingos de Pita, e sempre lle estaremos agradecidos da labor que desenvolveu ao longo dos anos pola nosa cultura.casa cultura melide