Xornadas de Percusión Tradicional AGG - Betanzos - 17 de novembro
Mércores, 30 Outubro 2019 10:25
A AGG organiza o vindeiro domingo 17 de Novembro en Betanzos, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, unhas xornadas de Percusión Tradicional que terán de protagonistas ás percusións miúdas pola mañá, e ao pandeiro redondo ou de paus e os toques de leghón pola tarde.
Os obradoiros estarán impartidos por expertos no mundo da percusión como Francisco Estévez “Chuco”, María Vidal e Xandre Outeiro.
PROGRAMA:
Domingo 17 de novembro
- 10.30 - 13.30 horas – Obradoiro “Percusións miúdas” - Imparte: Francisco Estévez “Chuco”
Xantar
- 16.30 - 18.00 horas – Obradoiro “O Pandeiro redondo ou de paos. Toques e melodías”- Imparte: María Vidal
- 18.30 – 20.00 horas – Obradoiro “Os toques de leghón nas añas do Condado- Paradanta” – Imparte: Xandre Outeiro
LUGAR: Sede da Escola Municipal de Folclore de Betanzos (EMuF) – Centro Cultural San Francisco ( R/ Cabildos S/N – Betanzos – A Coruña)
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da AGG e os alumn@s da EMuF, que disporán ata o mércores día 13 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.
Animádevos a participar!!! Esperámosvos!!!