Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza a XXI edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza a XXI edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas

Varios

 

xxi mostra msica tradicional domingo das mozas aggA Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza co patrocinio do Concello de Lugo a XXI edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas o vindeiro domingo 6 de outubro, mostra que contará coas actuacións de 17 grupos de música tradicional galega, que encherán da nosa música o casco vello da cidade de Lugo no día máis emblemático das festas do San Froilán.

Os Grupos participantes nesta edición son: A Gaita de Sarandón (Vedra), A Requinta de Xián (Boqueixón), Boudebou Gaiteiros (Comarca do Salnés), Cántigas e Frores (Lugo), Faiscas de Solobeira (Cambados), Gómes Mouro (Ourense), Lagharteiras (Vigo), Os Estrobos (Ferrol), Os Monifates (Comarca da Barbanza), A Volta do Agro (Lugo), Pandeireteiras de Amigos da Gaita (Ribadeo), Pandeireteiras de Ultreia (Santiago), Pandeireteiras Ergutío (Baños de Molgas), Par de par (Ourense), Río de Anxo (Rianxo), Tumba e dalle (Barreiros) e Lagharteiras (Vigo)

Pola mañá os grupos sairán dende a Porta do Campo Castelo ás 11.30 horas facendo un pasarrúas polas distintas rúas do centro urbán amurallado, ata as 14:00h. Pola tarde repetiranse as actuacións a partir das 17.30 horas, para logo rematar ás 18.30 horas. Nese momento continuaremos gozando da música tradicional na Praza de Santa María, xa que este ano, nesta XXI Mostra, realizaremos de novo o Festival de música tradicional cos concertos de  Maraghotas ás 18.30 horas e o concerto de Lagharteiras as 19.30 horas!!!!

Esta mostra, na que a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s  xunta ano tras ano aos mellores grupos de música tradicional de Galicia, ten como finalidade a exaltación da música tradicional galega servindo como medio de difusión para que a nosa música chegue ao maior número de xente posible. É a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais e consegue que Lugo sexa referencia en toda Galicia, pois demostra que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

Esperámoste en Lugo o vindeiro domingo día 6 de outubro para desfrutar coa nosa música tradicional !!!!