PRIMEIRA MULLER LICENCIADA EN GAITA
Luns, 09 Xullo 2007 09:32
Lorena Freijero, viguesa de 24 anos, graduouse no Conservatorio Superior de Música de Vigo na licenciatura de gaita. Algo que a simple vista parece un simple título é na realidade todo un feito histórico, xa que é a primeira muller que conseguiu graduarse nesta especialidade en toda Galicia.Comezou a tocar a gaita con tan so sete anos, e aos 9 xa estaba matriculada no Conservatorio de Vigo con Carlos Nuñez como profesor, con quen xa tocou nalgunha ocasión. Lorena síntese moi orgullosa e afirma que para tocar a gaita mais que a forza, o que importa é a práctica e que todo o mundo ten a posibilidade de aprender, tanto homes como mulleres.
En canto o seu futuro, esta nova titulada afirma que a súa ilusión era licenciarse e dedicarse a esto profesionalmente, dando clases no conservatorio, ainda que non descarta ningún outro proxecto que poida xurdir.