Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / A AGG organiza as VII Xornadas arredor da Música Tradicional

A AGG organiza as VII Xornadas arredor da Música Tradicional

AGG

vii-xornadas-arredor---web2019O vindeiro 28 de setembro, a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza a que será a VII edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán na Casa da Gaita, Viascón (Pontevedra).

Esta cita está destinada, non só a todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senon tamén a todo aquel que queira saber máis tanto das nosas tradicións, como das de outros lugares, xa que ao igual que nas pasadas edicións, amosaranse outras formas da cultura tradicional, favorecendo deste xeito a que sexa un punto de encontro para profundizar e incidir na importancia que teñen os traballos de investigación realizados neste campo para poder coñecer, afondar e transmitir as tradicións.

Pretendemos a través desta actividade fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo nas diversas ponencias, contribuindo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.

Estas xornadas que están patrocinadas pola Secretaría Xeral de Cultura, son xa unha cita anual imprescindible para tod@s @s amantes do baile tradicional.

Entrada de balde, previa reserva de praza a través do teléfono 986 847 074 ou enviando un correo electrónico  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

PROGRAMA

10.15 – Apertura e entrega de documentación

10.30 – Relatorio I - Demostración

“O pandeiro de paos”. María Vidal e Xermán Muíños

11.20 Quenda de preguntas

11.30 – Relatorio II

“Florencio, o Cego dos Vilares. Aproximación ao estilo interpretativo a través da análise ”. Felipe Rodicio

12.20 Quenda de preguntas

12.30 - Descanso

12.50 - Presentacións de publicacións

12.50: “Entre Fusco e Lusco” de Rafa Crespo e “Colleita Propia” de Pablo F. Rial . Editorial Ton e Son

13.10: Presentación da colección Cámara Escura con Eutropio Rodríguez, “O danés curioso en Ordes” d@s autor@s Gustav Henningsen, Eutropio Rodríguez e Estívaliz Espinosa e “Os danzantes dos Reis” d@s autor@s Eutropio Rodríguez e Alba Cid. Editorial aCentral Folque.

13.30 – Xantar

16.30 – Relatorio III

“Anotacións encol do uso da trompa ou mosugitarra no País Vasco”. Juan Mari Beltrán

17.20 Quenda de preguntas

17.30 – Relatorio IV

“Pasado e presente do pito pastoril na Galicia”, dende o século XIX a actividade do IGAESPI, avances da investigación. Miguel Mosquera e Efraím Díaz

18.20 Quenda de preguntas

18.30 – Descanso

19.00 – Relatorio - Concerto V

“Os Trabazos de Castro Caldelas: actividade, aspectos biográficos, instrumentos de traballo, homenaxes e repertorio”. Alexandre Rodríguez.

19.50 Quenda de preguntas


Agardámoste o vindeiro día 28 na Casa da Gaita: Lugar de Quintán, 4 (Viascón - Cotobade).