Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Xornada de portas abertas na Tradescola

Xornada de portas abertas na Tradescola

Varios

cartaz tradescola_portasabertas_2019_web - pqA Tradescola abrirá as súas portas a vindeira semana para que todas as persoas interesadas en achegarse á música e o baile tradicional podan coñecer o centro, ver como se imparten as distintas aulas e falar co profesorado encargado das mesmas.

 

Do 10 xuño  ao 13 de Xuño ( de 17.00 a 19.00 horas)

Día 10, clases de gaita, canto e pandeireta, zanfona e linguaxe musical

Día 11, clases de gaita, pandeiro, canto e pandeireta, linguaxe musical, acordeón, baile tradicional e aulas específicas para os mais pequenos

Día 12, clases de acordeón, gaita, percusión

Día 13, clases de gaita e requinta

 

A Tradescola está no Centro Lug 2, na rúa Pintor Corredoira nº 4 – Lugo. Achégate a coñecernos!!!!