Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Finalistas do VII Certame de Debuxo para escolares organizado pola Tradescola coa colaboración da Deputación de Lugo

Finalistas do VII Certame de Debuxo para escolares organizado pola Tradescola coa colaboración da Deputación de Lugo

Varios

tradescolaXa temos @s finalistas do VII Certame de Debuxo para escolares organizado pola Tradescola!! Participaron  preto de 1000 debuxos realizados polas nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria dos centros de ensino da Provincia de Lugo que ademais dunhas grandes dotes artísticas tamén nos amosan os seus amplos coñecementos sobre a nosa música.

Esta iniciativa organizada pola Tradescola en colaboración coa Área de Cultura da Deputación e que acadou este ano a súa septima edición, ten a finalidade de potenciar e difundir entre os máis pequenos a música tradicional galega, axudar a que coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural, algo que constitúe unha garantía da conservación das nosas tradicións e, en definitiva, do noso patrimonio cultural.

A todos @s participantes queremos darlles os parabéns polos fantásticos debuxos que nos achegaron, e en especial aos 25 finalistas que recibirán como agasallo un lote de material didáctico de música tradicional!!!!!!

 

Nesta edición tamén queremos que todos os centros escolares participantes no certame reciban un lote de agasallo (Área de cultura da Deputación de Lugo).

A entrega de agasallos terá lugar o vindeiro martes 4 de xuño a partir das 17.30 horas no Centro Cultural o Vello Cárcere de Lugo onde poderemos disfrutar tamén das actuacións d@s nen@s e rapaz@s da Tradescola!!

- Aldara García González – CEIP Muimenta -

- Alejandro Ferro Martínez – CEIP Albeiros - Lugo

- Alonso Calaza Neira – CEIP Rosalía de Castro – Pol

- Andrea Piélago González- CEIP Becerreá

- Andrea Pinilla García – Ceip San Xoan – Becerreá

- Aroa Illán Lamas- Ceip Luis Pimentel - Lugo

- Carla Alonso Varela – Ceip A Ponte – Lugo

- Carla Rodríguez García – Ceip Illa Verde - Lugo

- Carolina Otero Carballo – Ceip Eloisa Ribadulla – Chantada

- Cesar Linares López – CEIP Manuel Mallo Mallo – Nadela - Lugo

- Daniel Vázquez Arrojo- Ceip Illa Verde - Lugo

- David López Bello – CEIP Antonio Insua Bermúdez – Vilalba

- Gabriel Castedo Nogueira – CEIP As Mercedes - Lugo

- Hiba Boumazlag Mamat – Ceip Quiroga Ballesteros - Lugo

- Irene López Lago – CPI Uxío Novoneira – O Caurel

- Iván Díaz González – CEIP San Xoan – Becerreá

- Lara Alarcón García – CEIP Anexa - Lugo

- Lois Guerreiro Cruzado – CEIP Anexa - Lugo

- Mateu López –Valeiras Seoane –Escola Waldorf Meniñeiros - Lugo

- Matilda Pérez Abelleira – CEIP Menendez Pelayo - Lugo

- Nicolás Polo Eiroa – CEIP O Vicedo

- Noa Veiga Núñez – CEIP Sagrado Corazón - Lugo

- Xiana Polín Castro – CEIP Sagrado Corazón - Lugo

- Xoel Martínez Prado – CEIP A Ponte - Lugo

- Zayoha Campo Correa – CEIP Rosalía de Castro- Pol

Parabéns a tod@s!!!!!