Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / 30 aniversario da AGG

30 aniversario da AGG

Varios

30 anosHoxe estamos de celebración e queremos felicitar a tod@s @s nos@s soci@s por formar parte da AGG, grazas ao esforzo de tod@s conseguimos levar 3 decadas traballando a prol da nosa cultura tradicional e esperamos poder continuar facendoo durante moitos anos mais. Son 30 anos de historia que queremos celebrar con todos vos, agradecéndovos o apoio constante á AGG e o voso traballo pola nosa música e baile tradicionais.

Queremos felicitarvos especialmente neste momento, xa que tal día como hoxe cúmprense 31 anos da reunión da Comisión Xestora da AGG, unha reunión celebrada no Museo da Terra de Melide, que deu lugar á posterior constitución legal desta asociación en 1989.Nesta xuntanza fora elexido por unanimidade D. Ricardo Portela como Presidente Provisional e D. Xosé Domingos Fuciños como Secretario, e nela levantouse a Acta Fundacional e establecéronse os estatutos.
Por outros trinta anos !!!
Parabéns a tod@s !!!