Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / XXV Festival de Bandas de Música de Xinzo

XXV Festival de Bandas de Música de Xinzo

Varios

 festivalbandasxinzoA Banda de Música Xuvenil de Xinzo organiza este domingo 5 o XXV Festival de Bandas de Música de Xinzo.

Nel voltarán ás súas orixes con pezas de Antonio Represas García “O Marreco”, de man do músico e compositor Pedro Lamas, autor dos arranxos que interpretarán de forma inédita nesta XXV edición do festival. Participará tamén a Agrupación Musical de Goián como banda convidada.