Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Memorial Henrique Otero en Ponteareas

Memorial Henrique Otero en Ponteareas

Varios

cartaz final memorial henrique oteroO vindeiro sábado 4 de maio ás 20.30 horas terá lugar en Ponteareas o Memorial Henrique Otero organizado polo CMUS Reveriano Soutullo e a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s. Concretamente será no Auditorio Reveriano Soutullo e contará coa participación de Charo Guerrero que será a encargada da ponencia "Henrique Otero. Percorrido Biográfico" e as actuacións de Alumn@s dos Conservatorios de Ponteareas e Torroso, a Banda de Gaitas Raigames e a Banda de Gaitas Tremiñado. Unha interesante cita para non faltar!!!!