Xornadas de acordeón en Lugo
Mércores, 17 Abril 2019 15:43
O vindeiro venres 3 de maio de 2019 terán lugar en Lugo as I Xornadas de Acordeón organizadas pola AGG. Estas xornadas, contarán cun obradoiro impartido por Stéphanie Simon, especialista en mecánica, reparación e afinación de acordeóns, considerada unha das figuras máis respetadas dentro do mundo do acordeón.
No curso, Stéphanie amosará os aspectos básicos sobre o funcionamiento do acordeón, a mecánica deste, como abordar pequenos problemas técnicos, o traballo coa cera e a afinación das palletas. (As prazas para asistir a este obradoiro xa están cubertas)
Ao remate do obradoiro chegará a quenda do gran Xurxo Souto, que nos achegará Historias do acordeón falándonos de mestres acordeonistas como Pazos de Merexo ou Sindo de Olelas. (charla aberta para todo o público)
Sen dúbida unha interesantísima tarde para tod@s @s interesados no mundo do acordeón, e un encontro de interese para @s que queiran saber máis sobre este instrumento e sobre a nosa cultura.
PROGRAMA:
16.00 horas – Obradoiro de iniciación á mecánica e afinación do acordeón - Stéphanie Simón (As prazas para asistir a este obradoiro xa están cubertas)
19.00 horas – Descanso
19.15 horas – Historias do acordeón (Sindo de Olelas e Pazos de Merexo) – Xurxo Souto (aberto para todo o público)
LUGAR E DATA: Tradescola – (Centro Lug2 – Rúa Pintor Corredoira nº 4 – Lugo) o venres 3 de maio de 2019
Mais información: No teléfono 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo