Obradoiro de Pandeira (nivel medio) na Tradescola.
Xoves, 21 Marzo 2019 12:52
O vindeiro domingo día 31 de marzo terá lugar un obradoiro de Pandeira (nivel medio) na Tradescola. Branca Villares será a encargada de guiar o obradoiro onde nos amosará distintas técnicas e posibilidades deste instrumento de percusión.
O Obradoiro, que conta coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, pretende achegar a nosa música e a nosa cultura tradicional a toda a poboación interesada; é de balde e ten as prazas limitadas, tendo preferencia @s alumn@s da Tradescola e @s soci@s da AGG, que disporán ata o xoves 28 de marzo para inscribirse, e a partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.
Para inscribirse no obradoiro ou para recibir mais información pódese contactar coa Tradescola chamando ao tlf 982229966 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo enviando o teu nome, tlf e mail.
Esperámosvos!!!