Pesar polo pasamento de Antonio Pèrez Mosquera
Mércores, 13 Febreiro 2019 18:18
Hoxe temos que lamentar o falecemento de Antonio Pérez Mosquera, pandeireteiro de Durindaina e Os Estalotes. Unha persoa moi querida no mundo da música tradicional e un gran pandeireteiro. Sempre lembraremos con moito cariño as participacións cos seus grupos na Mostra de música tradicional que a AGG organiza no San Froilán.
O funeral de enterro será mañá xoves ás 15.00 horas na Capilla do Tanatorio Municipal de Boisaca.
Que a terra che sexa leve. D.E.P.