Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / DA PROSODIA Á MELODÍA Curso de análise da música tradicional e os seus arranxos

DA PROSODIA Á MELODÍA Curso de análise da música tradicional e os seus arranxos

Varios

curso xeitoDA PROSODIA Á MELODÍA
Curso de análise da música tradicional e os seus arranxos
Destinatari@s: Músic@s e alumn@s de música tradicional en xeral, que queiran profundizar un pouco na análise dos nosos modos de cantar e tocar, e o xeito de arranxar pezas, sen deturpar o feito diferencial das nosas melodías.
Descripción:
Neste curso teórico e práctico (tod@s cantaremos e falaremos seguido) abordaremos o eido da afinación noutros folclores, para mergulhar despois no xeito de cantar existente en Galiza. Aprenderemos a distinguir entre as principais escalas (ou modos) do noso folclore, e prestaremos especial atención ao modo predominante no país: o modo “frixio” , e en concreto, à sua afinación, que se está a perder pola convivencia co "temperamento igual" Usaremos arquivos fonográficos ( sobre todo Alan Lomax e Dorothé Schubarth), gravacións de músicas de outras tradicións, así como gravacións actuais de grupos de música “tradi” e folk para ver como ocorreu ese proceso, e como está a ocorrer hoxe.
Datas de realización: Domingos de Febreiro: 3,10,17 e 24 de Febreiro. Horario: 10:00-14:00 hs os domingos de febreiro. Lugar: Escola Tradi O Xeito - Rúa San Eufrasio 94- Lugo
Prezo: 15 €/sesión. (aínda que o traballo é un contínuo, dase a posibilidade de acudir ás sesións de xeito independente)
Prazas limitadas.(segundo orde de inscripción)
Inscripcións no 982256485/651672551/696377381 Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo