Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Serán O Fiadeiro

Serán O Fiadeiro

Varios

 

50301931 2276805599004421_6044600645833457664_oA A.C.F O Fiadeiro convida a todos os seus amigos e seguidores, outro ano máis, ó serán.

Celebrarase no salón de actos da AA.VV. Santa Mariña de Cabral o sábado 26 de xaneiro a partir das 21:30 horas. A entrada é gratuíta e haberá bebida e comida a prezos populares. E xa ben entrada a noite, ofreceremos chocolate ben quente para todos os asistentes.

Abrirán o serán os grupos da asociación e a continuación agardamos por todos aquelas agrupacións ou músicos que veñan dispostos a continuar a festa.

Ademais a ambientación estará baseada nos seráns dos anos 50, polo que todo aquel que guste poderá acudir vestido ó xeito daqueles tempos.

Agardamos por todos vos este sábado.

Se queredes máis información podedes contactar nos teléfonos 986 253 585 / 629 585 355 ou ben por correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .