Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Chega o Nadal á Tradescola!!!!!

Chega o Nadal á Tradescola!!!!!

Varios

cartaz nadal2018_webDurante os vindeiros días a Tradescola daralle a benvida ao Nadal con numerosas actividades para nen@s e maiores!!! Contamos coa túa participación!!

Día 13 de decembro: Visita á Colección de instrumentos musicais no CENTRAD (previa inscrición)

·         17.00 Horas – Visita guiada para nen@s + obradoiro de construción de xoguete sonoro.

·         18.00 Horas- Visita guiada para adultos.

Día 17 de decembro:

·         11.00 horas: Concerto didáctico da Tradescola no Ceip Lagostelle de Guitiriz.

Día 18 de decembro:

·         17.00 horas: Espectáculo do Cé orquestra pantasma para nen@s e maiores na Tradescola (Salón de actos Tradescola) con obradoiros e festa de benvida ao Nadal!!!

Día 21 de decembro:

·         18.00 horas: Audición de Nadal a cargo de alumn@s e profesores da Tradescola (Salón de actos Tradescola)

E ademáis……

Día 22 de decembro: Festa de Benvida ao Apalpador (distintos colectivos e asociacións lucenses darémoslle a benvida ao Apalpador na Praza Maior a partir das 17.00 horas)

Concurso de Debuxo de Nadal para alumnado da Tradescola (dende os 4 aos 13 anos) (infórmate na oficina de coordinación)

Campamentos de Nadal : do 24 de Decembro ao 7 de Xaneiro. (infórmate no tlf. 982229966 ou no mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo )

Dende a Tradescola e a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s desexámosvos un bo Nadal cheo de Música e Baile Tradicional!!!!