Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / A AGG organiza unhas novas xornadas de baile tradicional en Teo

A AGG organiza unhas novas xornadas de baile tradicional en Teo

AGG

 cartaz xbaileteo_2018_webA AGG organiza o vindeiro domingo 16 de Decembro no Concello de Teo, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, unhas xornadas de BaileTradicional que terán de  protagonistas ó baile solto en Axeitos, o Fandango e o xénero no baile.

Os obradoiros estarán da man de expertos no mundo do baile tradicional como Fran Sieira, Luis Prego, Carme Campo e Chus Caramés.

PROGRAMA:

Domingo 16 de decembro

09.45 – Apertura e entrega de documentación
10.00 – O baile solto en Axeitos. Fran Sieira
11.30 – Descanso
12.00 – Puntos vellos para un novo fandango. Luis Prego
13.30 – Xantar
16.00 – Bailar a canda os tempos: estereotipos de xénero no baile. Carme Campo e Chus Caramés

LUGAR: Casa Común de Oza (Concello de Teo)

INSCRICIÓNS: Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.

Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o mércores 12 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles se cubrirán por orde de inscrición.
 
Animádevos a participar!!!