Nova edición das Xornadas A Gaita no Mar
Venres, 23 Novembro 2018 12:06
O vindeiro domingo 02 de decembro teremos o placer de celebrar unha nova edición das Xornadas A Gaita no Mar, coas que queremos seguir recoñendo a gran contribución que fixeron moitos mariñeiros galegos no espallamento da nosa música tradicional ao son do noso instrumento mais representativo, levándoo polo mundo adiante a través do mar, sobre os barcos, entre as redes, aos portos doutras latitudes,…
Foron estas xentes do mar, coas súas tradicións e o seu saber-facer que o cabo dos séculos foi deixando por todo o mundo, pegadas do noso devir, da nosa fala, da nosa cultura e por suposto, da nosa música.
Para coñecer esta realidade máis de preto dende Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organizamos o vindeiro sábado 02 de decembro pola maña en Rianxo unha nova edición da Xornada: "A Gaita no Mar", que nesta ocasión acollerá unha homenaxe aos "Gaiteiros do Mar".
Estamos pechando o programa, así que estade atentos que en breve publicaremos todos os detalles.