Xornadas de percusión tradicional
Venres, 16 Novembro 2018 14:11
A AGG organiza o vindeiro domingo 25 de Novembro en Santiago de Compostela, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, unhas xornadas de Percusión Tradicional que terán de protagonistas ao tambor e ao bombo na quenda da mañá, e a pandeira na quenda da tarde.
Os obradoiros estarán da man de expertos no mundo da percusión como Chema Cebeiro, Miguel López "Chino" e Blanca Villares.
PROGRAMA:
Domingo 25 de novembro
10.00 - 11.30 – Obradoiro de bombo con pratos – Chema Cebeiro.
11.30 - Descanso
12.00 - 13.30 - Obradoiro de tamboril - Miguel López "Chino"
Xantar
16.00 - 19.00 - Obradoiro de pandeira – Branca Villares
LUGAR: Local do OCT Ultreia (Rúa Pexigo de arriba nº28)
INSCRICIÓNS: Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o mércores 21 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles se cubrirán por orde de inscrición.
Animádevos a participar!!!