Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / A ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S ORGANIZA EN LUGO AS V XORNADAS SOBRE BAILE TRADICIONAL

A ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S ORGANIZA EN LUGO AS V XORNADAS SOBRE BAILE TRADICIONAL

Varios

cartaz xbaile_lugo_webA Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza as V Xornadas sobre Baile Tradicional en Lugo o vindeiro 18 de Novembro. Reservade a data e estade pendentes que en breve publicaremos o programa completo e abriremos as inscricións!!!

Estas xornadas están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición.

Lugar: Tradescola - Salón de Actos do Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4 – LUGO)