Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / I Xornadas Zanfonas Abertas (Lérez - Pontevedra)

I Xornadas Zanfonas Abertas (Lérez - Pontevedra)

Varios

xornada zanfonas lerezOs vindeiros día 2 e 3 de novembro terán lugar as I Xornadas Zanfonas Abertas organizadas pola Agrupación Gaiteiros das Rías Baixas. Terán lugar na Casa da Cultura de Lérez (Rúa Leandro del Río 12 - Pontevedra) e contarán co seguinte programa:

Día 2

-19.30 horas: Charla coloquio (entrada libre) "A zanfona. Pasado e presente"- Participan: Anxo Pintos, Luciano Pérez e Carlos do Viso.

Día 3

-De 9.30 a 20.00 horas: Xornada de Zanfonas Abertas a cargo de Carlos do Viso

  • Iniciación co instrumento
  • Repertorio tradicional e ornamentación.

Inscrición xornada día 3: 10 € (facilitarase instrumento para prácticas)

Prazas limitadas. Info e reservas no tlf: 639908788