Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / X Xornadas de Cultura Popular Galega. Raparigos no seu tempo. San Sadurniño, 20 de outubro

X Xornadas de Cultura Popular Galega. Raparigos no seu tempo. San Sadurniño, 20 de outubro

Varios

x xornada berros do castroA Asociación folclórica Berros do Castro e mailo Concello de San Sadurniño volven colaborar na organización dun día dedicado á nosa cultura musical.

Será vindeiro sábado 20 de outubro e, de novo, o encontro estará estruturado en tres partes: unha expositiva, outra formativa e, a final, centrada en actuacións abertas ao público de grupos que son referentes na interpretación tradicional.

A epígrafe da X Xornada de Cultura popular galega é “Raparigos no seu tempo”, xa que nela se lle rende tributo ao grupo ferrolán xusto no ano en que fai o seu 50º aniversario. Eles serán protagonistas dunha mostra situada na Casa da Cultura que xuntará imaxes, documentos e instrumentos.

Do obradoiro desta edición -arredor das técnicas da gaita- ocuparase o mestre Xaquín Xesteira “Xocas”, gaiteiro en Treixadura e tamén n’Os Faíscas de Solobeira, que actuarán a partir das 20.00h. xunto coa agrupación folclórica Donaire, procedente da Coruña.

Tanto a exposición como os concertos da tarde son gratuítos. Porén, para o curso impartido por Xesteira fai falla inscrición previa a través do correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou dos teléfonos 669 795 418 e 626 140 798. O prezo son 15€ e ofértanse 20 prazas das que xa faltan poucas por cubrir.