A Festa dos Fachos de Vilelos -O Saviñao - Lugo e o 70 aniversario da Asoc. Cultural Cántigas e Frores o vindeiro domingo no "Recuncho da Palleta"
Venres, 21 Setembro 2018 12:03
A Asociacion de Gaiteir@s Galeg@s estaremos de novo no "Recuncho da palleta" dentro do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero este domingo. Nesta ocasión contaremos con Vítor Otero que nos falará da Festa dos Fachos de Vilelos -O Saviñao - Lugo, do 70 aniversario da Asoc. Cultural Cántigas e Frores e informaranos de numerosas actividades previstas para as vindeiras semanas.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
E lembra que nas madrugadas de luns a martes (de 01:00h a 02:00h), na Radio Galega, tes unha cita coas "Escolmas Musicais" de Lume Na Palleira.
* Fotografía de Roi Fernández (Fonte a Voz de Galicia)