Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / AGG / A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza as VI Xornadas arredor da Música Tradicional

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza as VI Xornadas arredor da Música Tradicional

AGG

vi-xornadas-arredor-cartazO vindeiro 15 de setembro, a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza a que será a VI edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán na Casa da Gaita, Viascón (Pontevedra).
Esta cita está destinada, non só a todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senon tamén a todo aquel que queira saber máis tanto das nosas tradicións, como das de outros lugares, xa que ao igual que nas pasadas edicións, amosaranse outras formas da cultura tradicional, favorecendo deste xeito a que sexa un punto de encontro para profundizar e incidir na importancia que teñen os traballos de investigación realizados neste campo para poder coñecer, afondar e transmitir as tradicións.
Pretendemos a través desta actividade fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo nas diversas ponencias, contribuindo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.
Agardámoste o vindeiro día 15 na Casa da Gaita: Lugar de Quintán, 3 (Viascón - Cotobade).
Entrada de balde, previa reserva de praza.