Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Xornadas Etnográficas do Morrazo: música, baile e traxe tradicionais galegos

Xornadas Etnográficas do Morrazo: música, baile e traxe tradicionais galegos

Varios

xem pqAs Xornadas Etnográficas do Morrazo: música, baile e traxe tradicionais galegos terán lugar do 28 de agosto ao 2 de setembro no Morrazo, organizadas pola asociación cultural Peis d’hos.

Trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade do Morrazo (conxuntamente entre os concellos de Bueu, Cangas e Moaña) e consta de:

-       exposición permanente do traxe tradicional galego e de instrumentos musicais tradicionais do 28 de agosto ao 2 de setembro en Bueu e Moaña.

-       obradoiros, charlas, conferencias nos días 29, 30, 31 de agosto e 1 de setembro (repartidos nos concellos de Bueu e Moaña).

-       Mostra Etnográfica do Morrazo (MEM) o domingo 2 de setembro en Cangas, con pasarrúas, Desfile do Traxe en escenario con pasarela a cargo de Sete Espadelas de Pontevedra e actuacións dos grupos Cántigas e Frores de Lugo, Trébede do Morrazo e Xacarandaina da Coruña.

Non podedes faltar!!