Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / VII edición do Festival 27373 de música en Galego de Begonte

VII edición do Festival 27373 de música en Galego de Begonte

Varios

poster 27373_2018_web 2pqA Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte vai organizar a Sétima edición do Festival 27373 que terá lugar o sábado 11 de agosto no Club Fluvial de Begonte que presta as súas instalacións para a celebración deste festival. A VII edición do Festival 27373 de música en Galego de Begonte, reúne nun mesmo día, un festival para nenos e nenas durante a mañá e a tarde e concertos para os mozos e mozas pola noite.

O Festival está dividido en dúas partes. Polo día, a programación vai dirixida aos máis pequen@s e ás familias. A partires das 12:00 comezamos coas actividades deportivas que estarán a cargo da empresa de Begonte Non Estreses, que vai ofrecer paseos en canoa pola marabillosa contorna do río Ladra, esta actividade prolongarase ata ben entrada a tarde.

A partires da unha a Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira comezará a demostración de fiado de lá e liño, ademais da demostración de canto e música tradicional. A festa estará garantida durante a sesión vermú grazas ao grupo de música tradicional Río Miño, gracias ao programa Musiqueando pola Provincia de Lugo da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Ademais faremos a presentación da cervexa oficial do festival, a 27373, unha cervexa de trigo, laranxa e coriandro, elaborada por membros da asociación en colaboración con Alberto Curiel nas instalacións de cervexas Aloumiña. Xa pola tarde, ademais dos paseos en canoa e as demostracións de fiado, a partir das cinco, comezará o VII Aberto de Billarda

e tamén, a partir das cinco a Asociación Colorín Colorado de Vilalba terá dúas actividades dirixidas ao público máis pequeno, un obradoiro de xogos populares y un obradoiro de arxila.

Agardemos que sexa un bo día para pasar ao carón do río, xantando e compartindo sobremesa nunha zona que conta con tódolos servizos, nun entorno de ribeira perfectamente acondicionado e coidado, onde se pode gozar dun baño, xantar nalgunha das mesas ou mesmo no campo e pasear á beira do río ao tempo que participamos nas distintas actividades.

Pola tarde, a partir das sete e media, abrirán o festival o grupo de teatro Migallas desde Pontevedra coa obra “Merenda con Pan de millo unha obra musical dirixida ao público infantil e familiar que chega ao festival grazas ao Concello de Begonte. Despois subirán ao escenario, desde a comarca de Ortegal, o grupo de música tradicional, Os Carecos, cinco pandeireteiros que van poñer o torreiro patas arriba. Cuarta Xusta desde Melide, serán as encargadas de poñer notas de rock combativo e feminino. Para rematar, Berta Franklin, desde Lugo e Begonte un dos grupos revelación da escena lucense que van dar moito que falar nos vindeiros tempos, rock, blues e soul para rematar este sétima edición.

Máis información da Asociación en http://castinheiromilenario.wordpress.com/.

Toda a información sobre o Festival 27373 en http://festival27373.wordpress.com

Asociación Cultural Castiñeiro Milenario

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo