Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Concerto de fin de curso da Tradescola

Concerto de fin de curso da Tradescola

Varios

 

concertofincurso trad_17-18-01O vindeiro mércores 20 de Xuño a partir das 19.30 h, celebraremos o final de curso cun concerto que terá lugar na Praza de Anxo Fdez. Gómez (Lugo). Esta actividade na que actuarán alumnos e profesores da Tradescola porá peche ao curso 17/18.

A Tradescola, que contou neste curso con preto de 300 alumnos matriculados, conta no seu equipo docente con 10 recoñecidos mestres do eido da música tradicional que son os encargados de impartir as aulas de: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto tradicional, percusión, requinta e linguaxe musical , ademais de aulas específicas para os máis pequenos.