Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NA TRADESCOLA

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NA TRADESCOLA

Varios

cartaz tradescola_portasabertas-01A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, abrirá as súas portas para que todas as persoas interesadas en achegarse á música e o baile tradicional podan coñecer o centro, ver como se imparten as distintas aulas e falar co profesorado encargado das mesmas. A Tradescola está no Centro Lug 2, na rúa Pintor Corredoira nº 4 – Lugo.

Os días e horarios de portas abertas son os seguintes:

13 xuño  ( de 17.00 a 22.00 horas) – Gaita (adultos)

18 xuño ( de 17.00 a 21.00 horas ) – Canto tradicional

19 xuño

  • (nen@s )

-          (de 17.00 a 19.00 horas) – Gaita, Percusión, Canto tradicional, Baile, Acordeón, Requinta

  • (adult@s)

-          (de 16.00 a 17.00 horas) – Acordeón

-          (de 19.00 a 21.00 horas) – Percusión, Canto tradicional, Pandeiro, Baile tradicional

-          (de 20.00 a 22.00 horas) – Linguaxe Musical

25 xuño (de 17.00 a 21.00 horas) - Zanfona

Un dos obxectivos da Tradescola é incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego nos distintos ámbitos da sociedade, e a maiores das aulas que imparte a diario, realiza asiduamente numerosos actos como charlas, presentacións, concertos, ou xornadas que achegan a numeroso público a coñecer de preto o traballo que está a realizar esta escola, ofrecendo formación a todas as persoas interesadas na música e no baile tradicional tanto na cidade de Lugo, como no resto de comarcas da provincia a través da realización de diversas accións formativas relacionadas co ensino da música e baile tradicionais.