Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Concerto didáctico da Tradescola en Begonte

Concerto didáctico da Tradescola en Begonte

Varios

cartaz cdtrad_begonte-01 - copiaO vindeiro día 11 de xuño ás 11.00 horas terá lugar un novo concerto didáctico de música tradicional en Begonte, concretamente para os alumn@s do CEIP VIRXE DO CORPIÑO e neles farase un percorrido polos distintos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos séculos. Neste concerto amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega, como gaita, zanfona, tambor, bombo, acordeón, pandeireta e outros instrumentos non tan coñecidos polos alumn@s.

Este concerto didáctico estará guiado por mestres da Tradescola, Branca Villares, Suso Vaamonde e Paula Fernández.