Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / A TRADESCOLA ORGANIZA NOVOS CONCERTOS DIDÁCTICOS DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES DE OUTEIRO DE REI

A TRADESCOLA ORGANIZA NOVOS CONCERTOS DIDÁCTICOS DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES DE OUTEIRO DE REI

Varios

cartaz cdtrad_outeirorei-01 - copiaO vindeiro día 30 de maio ás 12.00 horas e ás 12.30 horas terán lugar dous novos concertos didácticos de música tradicional a cargo da Tradescola en Outeiro de Rei, concretamente para os alumn@s do CEIP LAVERDE RUIZ e neles farase un percorrido polos distintos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos séculos. Neste concerto amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega, como gaita, zanfona, tambor, bombo, pandeireta e outros instrumentos non tan coñecidos polos alumn@s.

Este concerto didáctico estará guiado por mestres da Tradescola, Carme López Fdez., Miguel Anxo López Buján (Chino), Jose Manuel López(Josele).