Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Obradoiro sobre programas informáticos aplicados á música tradicional na Tradescola

Obradoiro sobre programas informáticos aplicados á música tradicional na Tradescola

Varios

cartazobradoiro proginfor2018-01 - pqA Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, organiza o domingo 3 de xuño de 11:00 a 14:00 horas, un obradoiro sobre programas informáticos aplicados á música tradicional (Musescore Software libre) guiado pola músico e mestra da Tradescola Mª Carmen Saborido (Menchu)

Este obradoiro está dirixido a todas as persoas que desexen iniciarse na edición de partituras mediante o uso dun programa de software libre como é o Musescore.

Tratarase:
Descarga e instalación do programa Musescore.
Coñecemento xeral do programa.
Creación de partituras.
Modificación de partituras.
O midi e o pdf.

¡Aberto prazo de inscrición!

A inscripción é gratuíta e as prazas son limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula). Podes anotarte chamando ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  ou mesmo achegandose ata a Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.