No vindeiro Recuncho Da Palleta contaremos coa visita dunha neta da "Cega De Callás"
Venres, 18 Maio 2018 16:42
No vindeiro Recuncho Da Palleta contaremos con Vítor Otero e coa visita dunha neta da "Cega De Callás", para falarnos sobre a súa avoa e sobre o barallete dos xingros!!!
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
E lembrade que nas madrugadas de luns a martes (de 01:00h a 02:00h), na Radio Galega, tedes unha cita coas "Escolmas Musicais" de Lume Na Palleira.